Netflix incorporará unha selección de películas e series con dobraxe ou subtítulos en galego

Netflix galego
Foto: Adobe Stock

A plataforma de entretemento Netflix ofertará arredor de 70 títulos con presenza do galego, do catalán e do euskera


PABLO LÓPEZ


A plataforma de entretemento Netflix dá un paso máis para impulsar a presenza do galego no seu servizo mediante o subtitulado dunha selección de series e películas internacionais e mediante a dobraxe de varios títulos infantís e familiares. Isto foi posible despois das conversas que o Goberno galego mantivo cos representantes da compañía estadounidense en España na procura do obxectivo común de levar a lingua galega ao mundo da televisión á carta.

Durante os próximos meses Netflix incorporará unha selección de arredor de 70 títulos de películas e series nas tres linguas cooficiais do Estado, unha cifra que seguirá aumentando de forma constante no futuro, segundo aseguran desde a compañía.

En total, esta selección representa unhas 600 horas de películas e series internacionais subtituladas e unhas 60 horas de contido para o público infantil e familiar dobradas en galego, catalán e euskera (un total dunhas 200 horas de subtítulos e unhas 20 horas de dobraxe en cada idioma).

En total, a selección representa unhas 200 horas de subtítulos e unhas 20 horas de dobraxe en cada unha das tres linguas cooficiais do Estado

Os títulos non se publicarán todos á vez, senón a medida que vaian estando dispoñibles no servizo, de maneira que a selección completa deste ano estará lista para finais do 2022. Ademais, unha vez colgados na plataforma, os subtítulos e dobraxes en galego serán permanentes mentres a película ou serie se manteña no catálogo ofertado.

Deste xeito, os subscritores que Netflix mantén en ata 190 países poderán gozar dun conxunto de series e películas en lingua galega, entre as que destacan títulos como Emily en París e próximas estreas como The Mother, Garra, Sandman ou a versión de Pinocho que Guillermo del Toro estreará na plataforma a finais de ano.

Artículo anterior
WordPress Optimizado

Montar una web es facilísimo con el nuevo WordPress Optimizado de dinahosting

Siguiente artículo
CRTVG

Adaptación a los nuevos canales y hábitos de consumo, claves en la estrategia de la CRTVG