Mochilas vibratorias no Día da Música en prol da igualdade

Consellería Lingua, Cultura e Xuventude

A Cidade da Cultura ofrecerá este material ás persoas con discapacidade auditiva


REDACCIÓN


A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela disporá no concerto de Budiño, programado para o Día da Música, de mochilas vibratorias equipadas con tecnoloxía para mellorar a experiencia musical de persoas con discapacidade auditiva. Esta medida enmárcase dentro das iniciativas impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co obxectivo de acadar os obxectivos da futura Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia.

O venres 21 de xuño, día do concerto, o Gaiás disporá na súa Praza central dun Punto de Accesibilidade onde as persoas interesadas en probar esta tecnoloxía poderán facer uso de seis equipos, contando con asistencia técnica e coa axuda dunha intérprete de lingua de signos para facilitar o seu manexo.

As mochilas están equipadas cun receptor FM que permite ás persoas sentir no seu corpo as vibracións da música, facilitando que gocen dunha mellor experiencia musical

As mochilas están equipadas cun receptor FM que permite ás persoas sentir no seu corpo as vibracións da música, facilitando que gocen dunha mellor experiencia musical. A tecnoloxía mellora tamén a calidade da escoita das persoas con audiófonos ou con implantes cocleares xa que, a través dun colar conectado á mochila, o son se traslada limpo de ruído ambiente á prótese auditiva.

Accesibilidade e inclusión social

O uso destas mochilas súmase a outro tipo de iniciativas coas que a Cidade da Cultura está a traballar para mellorar a súa accesibilidade, moitas delas en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, como a organización de visitas comentadas ás exposicións con intérpretes en lingua de signos ou a elaboración de material audiovisual para este colectivo.

Budiño, un dos músicos galegos máis internacionais, que presentará o seu último disco nun concerto gratuíto

A Xunta de Galicia celebra na Cidade da Cultura o Día da Música con Budiño, un dos músicos galegos máis internacionais, que presentará o seu último disco nun concerto gratuíto. O gaiteiro virá acompañado para a ocasión dun elenco de novas voces e talentos galegos, cos que comparte o seu amor pola música de raíz e a vontade de experimentar coa electrónica.

Artículo anterior
botella

Larsa hace estallar las redes sociales con el lanzamiento de su nueva botella

Siguiente artículo

"Mundos Digitales" posicionará A Coruña como capital mundial da animación