Máis de 30 casos no workshop ‘Tendencias & Futuro’

Beerfing

O workshop desenvolverase no marco de Beerfing este xoves 31 de marzo


FELIPE VIEIRA


Este xoves 31 de marzo, o Cluster da Comunicación de Galicia xunto a Creatividade Galega organizan no marco de Beerfing o  workshop “Tendencias & Futuro”, un obradoiro dinámico e participativo onde se presentarán unha relación de tendencias, casos, novas, testemuñas e datos cuxa misión é axudar aos participantes a estar ó día sobre unha serie de asuntos de interese relacionados cos seus ámbitos de actividade.

O workshop enmárcase dentro da programación de Beerfing e pretende axudar ás empresas e ao persoal do sector a mellorar a súa propia estratexia interna á hora de deseñar ou prestar servizos máis innovadores grazas a un coñecemento máis actualizado sobre diferentes temáticas.

O obradoiro, no que se amosarán máis de 30 tendencias ou casos, estará impartido pola consultora C4E Innovación, Marketing e Comunicación, co patrocinio de Estrella Galicia.

Tres grupos

O workshop divídese en tres grandes grupos divulgativos tendencias, casos e news, people & data. No ámbito das tendencias abordaranse as seguintes cuestións: O metaverso, moda ou realidade?; Chega a web3; Todos a fabricar chips; A cultura da cancelación; Canto é demasiado grande?; A ameaza dos socios activistas; Coches voadores?; Os perdedores post-pandemia; A loucura dos NFTs; Liderado para tempos cambiantes e Que pasou coa semana de catro días?.

Os casos incluirán temáticas como A guerra do gaming; Os maiores revolucionan a banca; De profesión, verificador de noticias; Noruega, a casa da mobilidade eléctrica; Meta, uns meses despois; Joe Rogan & Spotify; CES 2022-O primeiro show post-pandemia; A carne no banquillo; Os Iphone revolucionan os pagamentos, de novo;  O caso Pokimane; Toyama e o futuro das cidades; A era da reutilización e O right-to-repair faise maior.

Na quenda de news, people & data analizaranse os Robots cotiáns; O tractor autónomo de John Deere; Cidades en 15 minutos; Shadow Pandemics Imax to Hollywood; Máis, máis, máis e máis rápido; Na busca da atención perdida; Lanova-Mobles a medida, reformados e Miss Excel-Unha Tiktoker de folla de cálculo.

Entrega dun informe

Tras estas sesións de actualización e renovación, a cada asistente enviaráselle un informe de máis de 200 páxinas, detallando e ampliando o contido divulgado na xornada.

Este informe incluirá un resumo interpretados dos casos e tendencias más relevantes; unha revisión das principais innovacións do trimestre en comunicación, publicidade, tecnoloxía, creatividade, márketing e entretemento e suporá unha boa ferramenta para incentivar o diálogo no sector, en prol da discusión e o traballo arredor de novas tendencias e innovacións.

Trátase dunha actividade impulsada polo Clúster da Comunicación de Galicia xunto a Creatividade Galega

Os socios do noso Clúster poden asistir gratuitamente a este workshop que se desenvolverá entre as 16.00 e as 19.30 horas do 31 de marzo no Centro Obra Social Abanca emprazado na Praza de Cervantes, en Santiago de Compostela. A actividade enmárcase dentro do Beerfing “Encontros de Creatividade & Cervexa”.

O evento Beerfing é posible grazas ao patrocinio de Estrella Galicia e á colaboración de entidades como Abanca, Reclam, Cactus Digital ou a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, entre outras.

Artículo anterior
PosterArtist

Así es PosterArtist, el nuevo software gratuito de Canon para crear carteles

Siguiente artículo
Uncle Vanya

Uncle Vanya por McDonald's, Idea por Ikea y Starducks por Starbucks: las marcas de Rusia frente al bloqueo