Jessica Apellaniz, presidenta do Gran Xurado da 36ª edición de El Sol

El Sol. O Festival Iberoamericano de Comunicación Publicitaria celebrarase en Madrid en xuño por terceira vez consecutiva


REDACCIÓN


El Sol. O Festival Iberoamericano de Comunicación Publicitaria nomeou a Jessica Apellaniz como presidenta do Gran Xurado da súa 36ª edición, que se celebrará os días 1 e 2 de xuño de 2022 en Madrid por terceira vez consecutiva. Así, todas as actividades e relatorios do encontro realizaranse de xeito presencial e a entrega de premios terá lugar no Teatro Circo Price. O programa tamén poderase seguir a través de elsolfestival.tv, a plataforma oficial de contidos do Festival.

“É unha cita imprescindible para o noso sector. Espero estar á altura da responsabilidade”, sinalou Appellaniz, Chief Creative Officer de Ogilvy Latina. Jessica é un referente da creatividade publicitaria en América Latina e, ao asumir este cargo directivo en decembro de 2019, converteuse na primeira muller en acadar este posto e nunha das poucas mulleres que acadou un posto de liderado creativo a nivel rexional, segundo explicou nun comunicado a organización de El Sol nunha nota de prensa.

Traxectoria

A presidenta do xurado comezou a súa carreira profesional como produtora asociada en S2 México, para despois dar o salto a TERAN\TBWA e, posteriormente, a Olabuenaga Chemistri, empresas nas que traballou como copy.

En 2005 incorporouse a Publicis, unha axencia na que permaneceu durante doce anos e na que acadou o cargo de vicepresidenta creativa, e dende 2017 está vinculada a Ogilvy.

Trátase dunha cita imprescindible para o sector publicitario

Ao longo da súa carreira, Jessica formou parte do xurado de varios festivais, como Cannes Lions, El Ojo de Iberoamérica e One Show. Tamén foi a responsable de obter o primeiro premio D&AD Pencil para México e gañou premios en Cannes todos os anos desde que exerceu como directora creativa.

Un xurado de recoñecido prestixio

Baixo a presidencia de Jessica, El Sol traballa na creación dun xurado que inclúa a presenza de figuras da publicidade con ampla e recoñecida experiencia profesional de todo o mercado iberoamericano, e que siga reivindicando a creatividade como motor empresarial e forza transformadora da cultura e da sociedade.

El Sol tamén anunciou quen serán os membros do xurado da súa sección de Creatividade Transformadora, posta en marcha na pasada edición en liña co Manifesto Institucional da Asociación de Axencias de Creatividade Transformadora (ACT).

O xurado estará composto por Jessica Apellaniz, Directora Creativa de Ogilvy Latam e Presidenta do Gran Xurado (México); Miguel Olivares, Socio Fundador de La Despensa (España) e Director de El Sol; Gema Arias, Directora Xeral de Estratexia Creativa de Kitchen (España); Anita Ríos, Fundadora e Directora Creativa de Anita&Vega (Arxentina); Miriam Gutiérrez, Directora Creativa Executiva de Publicis (España) e Diana Triana, Directora Xeral Creativa de McCann (Colombia).

Ao longo da súa carreira, Apellaniz formou parte do xurado de varios festivais

A sección ten dúas categorías e en cada unha entregarase un único premio: o Premio á Transformación do Modelo de Negocio, que recoñece aquela estratexia ou idea que xera impacto nos modelos de negocio dunha empresa; e o premio Transformación de Marca, destinado a premiar a iniciativa que xere un impacto na percepción e resultados económicos dunha empresa, e que conseguiu na edición de 2021 Adolfo Domínguez.

Artículo anterior
Torre de Núñez

Torre de Núñez propone liberarse de las prisas en su nueva campaña

Siguiente artículo
Galicia Business School

Os procesos de venda B2B centran unha xornada formativa promovida en colaboración coa Galicia Business School