A firma ten en marcha unha axenda de impacto sostible
FELIPE VIEIRA
A firma HP prioriza o coidado do planeta mediante o desenvolvemento dunha serie de accións que poñen en valor a súa aposta pola sostibilidade en todos os ámbitos, e especialmente no de impresión en gran formato. Segundo se destaca dende a compañía, a sostibilidade é necesaria neste momento tanto para clientes, como para marcas e empresas. “Como unha das empresas máis sostibles do mundo, HP continúa co seu labor de liderar o cambio cara a solucións de impresión sustentables”, sinalan fontes da empresa.
Neste sentido, a firma desenvolveu recentemente catro coffee talks e un webinar para abordar esta cuestión. O 30 de setembro celebrouse o primeiro destes coffee talks baixo o lema Motivacións para ser sostible. Seguiulle o 7 de outubro outra sesión co título Como satisfacer as crecentes demandas de sostibilidade das marcas.
A empresa desenvolve en outubro cinco eventos para abordar a sostibilidade no gran formato
A continuación, na xornada do 14 de outubro falouse sobre Tendencias para un modelo circular de negocio e na do 21 de outubro sobre Tinta con base de auga: vantaxes de seguridade e certificación. Finalmente, mañá (28 de outubro) celebrarase un webinar ao respecto de Situar a sostibilidade no centro do negocio.
Unha axenda propia
Recentemente, HP anunciou a súa axenda de sostibilidade. Unha axenda que pretende conectar a empresa coas cuestións máis definitorias e urxentes do tempo actual, aquelas nas que pode ter maior impacto. Dunha banda, a acción climática: HP diríxese cara a un cero neto carbono favorecendo un modelo de economía totalmente rexenerativa e unha enxeñaría industrial que promova produtos e solucións máis sostibles.
Xunto a isto, no ámbito dos dereitos humanos, aposta por crear unha cultura poderosa de diversidade, equidade e inclusión que avance nos eidos da xustiza social e racial e na igualdade de xénero no seu ecosistema.