Galicia sabe amar


REDACCIÓN


Idea Creatividad lanzou unha campaña para a Consellería do Mar

Os estudos sobre hábitos de consumo realizados nos últimos tempos amosan un descenso mundial no consumo de peixe, especialmente fresco e nun momento no que a saúde cobra especial importancia, sobre todo sendo Galicia unha das principais rexións pesqueiras del mundo, cambiar esa tendencia vólvese vital.

Con este briefing convocaba a Xunta de Galicia un concurso de creatividade na procura dunha campaña que tratara de mellorar os nosos hábitos de consumo ao tempo que puxera en valor o sector pesqueiro galego. E a axencia coruñesa Idea Creatividad deu cun concepto que namorou.

Un claim sinxelo

Partindo dun claim sinxelo pero cheo de significado, esta axencia concibiu unha campaña que se afasta do ton máis serio e institucional empregado habitualmente pola Xunta de Galicia, con titulares divertidos que chaman a atención e imaxes apetitosas que incitan ao consumo.

Pescadas que buscan ovos para amar en tempos revoltos, polbos que necesitan chefs que os leven á feira e bonitos que queren relacións sas son algúns dos protagonistas dunha campaña diferente.

Unha estratexia que busca transmitir que, cada vez que mercamos peixe e marisco galego, estamos amosando o cariño que sentimos polo noso mar e as súas xentes. E ese cariño e correspondido cun amor saudable e sustentable en forma de peixe: porque Galicia sabe amar, tal e como reflicte o eslogan desta campaña.

Sobre a campaña

A iniciativa pon pois o acento dun xeito fresco e atractivo na calidade e gran variedade de produtos do mar que ten Galicia, algúns moi desexados polos consumidores. Neste sentido, eloxia a diversidade de produtos, formatos e posibilidades que ofrecen os peixes e mariscos da comunidade, permitindo preparar pratos de máxima calidade tanto nos fogares como nos restaurantes máis selectos.

Baixo esta acción global deseñáronse outras iniciativas de promoción máis específicas promovidas pola Consellería do Mar como Fai clic ao teu bocata ou Ti si que es un bo peixe (substitutos de O sabor da aventura non é mar e Ponlle como pilas ao teu bocata) dirixidas a nenos e nenas e que xa chegou a máis de 150.000 cativos galegos.

A cerimonia de presentación de Galicia sabe amar contou coa participación dos responsables do deseño da campaña e estivo encabezada polo actor e humorista galego David Amor. No acto participaron diferentes representantes do sector pesqueiro e marisqueiro, da industria transformadora de produtos do mar e das principais empresas de distribución de alimentos da comunidade.

Potencialidades culinarias

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou durante a presentación a necesidade de valorar e difundir os beneficios dos produtos do mar de Galicia e as súas potencialidades culinarias e nutricionais. Nesta liña, resaltou a importancia de contar con iniciativas de promoción como a campaña Galicia sabe amar como mostra de recoñecemento do sector e o seu papel vital na achega de peixe e marisco de calidade aos cidadáns, especialmente en momentos de dificultade como os do pandemia da Covid-19.

Artículo anterior
Very Peri Pantone

Very Peri, el color de moda en 2022

Siguiente artículo
Ourense

Así es OU, la marca para aprovechar el tirón del AVE en Ourense