Galicia recibe os socios do proxecto europeo Picobello

Picobello busca integrar os principios da New European Bauhaus (NEB) nos instrumentos de política existentes


REDACCIÓN


Os socios do proxecto europeo Picobello, no que a Axencia Galega de Innovación (Gain) participa en representación da Xunta de Galicia, celebraron unha reunión en Galicia a finais de xuño para poñer as bases do traballo que se desenvolverá ata xullo de 2028.

Picobello (PIlotinng COllaborative ways to BEtter Living Locally) busca integrar os principios da New European Bauhaus (NEB) nos instrumentos de política existentes para aproveitar e promover o pensamento a longo prazo, o ciclo de vida e o pensamento integrado nos ecosistemas industriais.

Picobello: mellorar a través do deseño

O proxecto, que conta cun orzamento de 1,7 M € cofinanciado por Interreg Europe, segue a estela do Design4Innovation, que, do mesmo xeito que o Picobello, quere aproveitar a capacidade do deseño para mellorar as políticas públicas.

Os socios do proxecto europeo Picobello celebraron unha reunión en Galicia a finais de xuño para poñer as bases do traballo que se desenvolverá ata xullo de 2028

No caso de Galicia, o obxectivo é optimizar o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024-DIFERENZA, a aposta da Xunta polo deseño como ferramenta de transformación económica e social, que combina os obxectivos de innovación para a competitividade empresarial coa innovación responsable e social para contribuír á sustentabilidade e ao benestar das persoas.

Durante a visita de dous días, as persoas participantes, procedentes de Barcelona, Polonia, Finlandia, Letonia, Grecia e Francia, tiveron ocasión de compartir boas prácticas, realizar un workshop de codeseño e coñecer tres fundacións aliñadas cos propósitos da NEB: Juana de Vega, Gabeiras e Roberto Rivas; ademais do traballo que está a realizar o Sergas en materia de accións para a inclusión no marco da NEB.

Artículo anterior

Emprendedores gallegos dispondrán de servicios de comunicación y marketing gratuitos

Siguiente artículo

Temps Impresores y Heidelberg estrechan sus lazos y dominan el sector