Flaticon liberaliza todos os seus contidos

Flaticon

Flaticon acadou os 5,5 millóns de usuarios en febreiro


FELIPE VIEIRA


Emoticonas, adhesivos, iconas… O deseño é parte fundamental da nosa forma de comunicarnos. Por iso, e coa vontade de democratizar o acceso a contidos gráficos de calidade, a plataforma de recursos Flaticon, propiedade de Freepik Company, optou por liberalizar todos os seus contidos. Con este movemento pon a disposición de todos os internautas un catálogo formado por 7 millóns de iconas, interfaces ou iconas animadas e adhesivos.

A versión gratuíta destes recursos estará dispoñible en versión PNG, mentres que será necesaria unha subscrición para acceder a outros formatos. Non obstante, é unha aposta por dotar de recursos tanto aos usuarios particulares como aos profesionais para potenciar as súas accións de comunicación. Iniciativas coma estas impulsaron o crecemento da plataforma e o desenvolvemento internacional da súa comunidade. Así, Flaticon acadou os 5,5 millóns de usuarios e 25 millóns de descargas o pasado mes de febreiro.

A firma é propiedade de Freepik Company

Ademais, Flaticon entende a súa plataforma como un espazo en evolución e cre firmemente na innovación, polo que incorpora constantemente novos recursos en diferentes formatos. Neste sentido, unha das últimas novidades do portal son as iconas animadas. Flaticon incluíu máis de 500 iconas dinámicas dispoñibles en formato JSON (JavaScript Object Notation) para os formatos Lottie, GIF, SVG e After Effects. Así, é posible usalas directamente sen editar e o que permite un salto de calidade aos proxectos de deseño. para aplicacións móbiles, páxinas web ou dispositivos portátiles.

Iconas de interface

Estas iconas animadas súmanse ás máis de 5.000 uicons (iconas de interface para desenvolvedores e programadores web), e aos 15.000 adhesivos para usar en diferentes redes sociais e plataformas dixitais. O obxectivo de Flaticon con esta ampla gama de recursos de pequeno formato é ofrecer unha gama completa para satisfacer as necesidades actuais dos usuarios.

A plataforma pon o foco nos seus recursos. Malia que asumen unidades de comunicación uniformes, achéganse e abranguen as características culturais que poidan xurdir nas distintas rexións, zonas xeográficas ou comunidades. Neste sentido, búscase dar cabida á representación de diferentes tipos de persoas, tradicións e culturas con recursos, principalmente iconas, que reflictan diversas etnias, sexos e idades, así como alimentos.

Todo isto agora estará dispoñible para un público moito máis amplo. A compañía sinala que, desde que iniciou o seu camiño cara a contidos gratuítos en outubro do ano pasado, duplicáronse as súas subscricións premium. Os usuarios subscritos teñen capacidade ilimitada para descargar recursos, posibilidade de acceder a diversos formatos profesionais, así como edición ilimitada de recursos. “O crecemento das subscricións Premium débese á alta calidade dos nosos contidos, que unha vez accedidos, tórnase indispensable para o deseñador ou programador profesional”, dixo Agustín Ruiz, xefe de produto de Freepik Company, nun comunicado.

Artículo anterior
Tanxugueiras

Tanxugueiras y la marca deportiva Reebok sellan una alianza para fusionar tradición y vanguardia

Siguiente artículo
merluza de Burela

La campaña de Merluza de Burela, premiada en los Best!N Food a ritmo de Camela