“Festexemos a cultura que nos une”, así reza a campaña con motivo do Día das Letras Galegas 2022

Día das Letras Galegas 2022

Este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas é o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán


REDACCIÓN


Avogado de formación, poeta, articulista e pioneiro en tradución poética interlingüística. Estas son algunhas das características da biografía do valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen se adica o Día das Letras Galegas 2022. Foi editor literario e “home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior”.

Con motivo desta data, a Xunta desenvolveu unha campaña de comunicación da man de Idea Creatividad y comunicación, mentres que a encargada da xestión de medios foi Avante. Baixo o claim “Festexemos a cultura que nos une”, o Goberno galego invita a celebrar a festa das nosas letras “poñendo o foco na literatura ou no arte”. Ademais, no apartado musical o vídeo amosa un pequeno fragmento dunha actuación do grupo galego Tanxugueiras.

O Día das Letras Galegas 2022 será tamén unha homenaxe a todo o exilio mexicano

Un activista cultural exiliado en México

Delgado Gurriarán foi tamén un extraordinario activista cultural e un membro moi activo do Partido Galeguista de Valdeorras. De feito, tivo que fuxir a México tras lograr escapar a través de Francia no ano 1939. Xa no exilio implicouse na revitalización cultural de Galicia dende México, que xunto con Buenos Aires se converteu nun grande centro de actividade. Por esta razón, o Día das Letras Galegas 2022 será tamén unha homenaxe a todo o exilio mexicano, menor có arxentino pero tamén moi importante.

Unha mostra itinerante que comezou en Valdeorras

Para celebrar esta efeméride, o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acolleu o inicio dunha mostra itinerante que percorre a vida do autor. Baixo o título Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños, a Editorial Galaxia e a Xunta lanzan este proxecto composto por 15 paneis que percorren a vida do autor. Os interesados tamén poderán ver unha selección de obxectos persoais cedidos pola familia para a mostra.

Segundo indican desde Política Lingüística, “os paneis repasan a traxectoria vital e biográfica do autor homenaxeado”. Ademais, permiten que o visitante asista a un percorrido “rigoroso e ameno” para comprender quen foi Florencio Delgado Gurriarán.

Artículo anterior
Lalo Crespo

Lalo Crespo: “La remodelación nos hace ser más versátiles para los eventos”

Siguiente artículo
Milan

El diseño tras las camisetas de fútbol: AC Milan