Executivas de Galicia celebra o seu 10º aniversario o 25 de xuño en Santiago de Compostela

Executivas de Galicia conmemora o seu 10ª aniversario cun acto que terá lugar o vindeiro 25 de xuño no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela. O evento comezará ás seis da tarde e para asistir é necesario recibir unha invitación previa, posto que se realizará un estrito control de asistencia para cumprir co protocolo sanitario estipulado.

O acto reunirá a 200 persoas no Hotel Oca Puerta del Camino

Con este encontro a asociación quere demostrar o seu agradecemento a todas as persoas e entidades que apoiaron os proxectos postos en marcha durante esta década por Executivas de Galicia, como é o caso de Referentes Galegas. A presentadora do acto será Silvia Jato, galardoada co Premio Executivas 2019.

Durante a emotiva conmemoración proxectarase un vídeo sobre a traxectoria da entidade e tamén intervirá unha das socias fundadoras, xunto con Marisol Soengas, Referente Galega e Premio Executivas 2017; Carla Reyes Uschinsky, presidenta da asociación; e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Libro de Sinaturas

Os asistentes gozarán da actuación da pianista Isabel Dobarro e poderán rubricar no Libro de Sinaturas especialmente creado para a ocasión. O evento finalizará cun cóctel e un brinde polo futuro de Executivas de Galicia.

Artículo anterior
Estrella Galicia

Imaxe asina o restyling de Estrella Galicia

Siguiente artículo
D. O. Rías Baixas

La D. O. Rías Baixas confía su nueva campaña nacional a Avante Evolumedia