Exaprint é unha referencia en produtos de impresión e de comunicación personalizable
FELIPE VIEIRA
Con máis de 20 anos de experiencia e establecida en España, Exaprint é unha das referencias en produtos de impresión e de comunicación personalizables no sector online. Cun total de máis de 200 colaboradores en oficinas e talleres de produción, ofrece máis de tres millóns de combinacións, formatos, acabados e soportes e a posibilidade de conferir aos seus clientes soportes de impresión únicos.
A empresa vén de publicar un completo informe que, baixo o título Mitos sobre a impresión, bota abaixo ideas preconcibidas sobre esta cuestión e avala a fiabilidade que ofrece o papel para unha gran parte da poboación.
A empresa vén de publicar un completo informe sobre o eido da impresión
“Non hai semestre no que non se anuncie a fin do papel”, destaca o informe. “Porén, é evidente que os españois conservan un forte apetito e apego ao medio papel. O terceiro barómetro da publicidade impresa revela un dato moi esclarecedor: case nove de cada 10 persoas lembraron unha marca asociada ao márketing directo” impresa en papel, continúa o documento.
Publicidade menos molesta
Xunto a isto, o informe detalla que este barómetro sitúa á publicidade directa en papel como a menos molesta e un 48% dos enquisados afirma que os folletos e catálogos impresos axúdanlle a descubrir novos puntos de venda.
Tamén hai espazo no documento para facer fincapé na necesidade do papel reciclado, que pode ser reutilizado entre cinco e sete veces. “Porén, esta no é a única opción para unha comunicación responsable”, destácase no informe. “Os papeis virxes que cumpren coa certificación FSC ou PEFC son igual de ecolóxicos”, engádese.
Embalaxe
Doutra banda, o papel empregado para embalaxes é moi doado de reciclar. As embalaxes garanten unha protección axeitada dos produtos contidos, a optimización nas tarefas de manipulación e transporte de determinados obxectos e unha diferenciación perante o consumidor.
A recollida de envases de papel e cartón é satisfactoria -tal e como sinala o informe noutro dos seus epígrafes: “a taxa de reciclaxe sitúase en arredor do 80%, o que nos converte no terceiro país mais concienciado coa reciclaxe da UE, só superado por Alemaña e Francia”.
Neste contexto, Exaprint pon en valor que as emisión totais de CO2 do sector da impresión reducíronse nun 25% nos últimos 15 anos, así como o consumo de auga asociada a esta actividade, que ten baixado un 30% dende o ano 2000.
As fábricas produtoras de papel devolven máis do 90% da auga ao medio ambiente.
O sector da impresión é un eido sostible que funciona axeitadamente dentro do marco da economía circular: máis do 79% dos residuos xerados reutilízanse. Paralelamente, cada día a superficie dos bosques de Europa se amplía en máis de 40.000 metros cadrados e, ao contrario do que poida pensarse, só un 13% da madeira colleitada se emprega para deseñar pasta de papel.
É máis, o 30% corresponde á construción e deseño de mobles e o 50% da madeira utilízase como combustible. Así, tal e como pon en valor Exaprint, as fábricas produtoras de papel devolven máis do 90% da auga ao medio ambiente.