Estes son os finalistas dos VII Premios Paraugas

Os gañadores desta edición coñeceranse na gala que se celebra en Expourense o vindeiro venres 18 de novembro


REDACCIÓN


A VII edición dos Premios Paraugas xa ten finalistas. Como en anos anteriores, o xurado tivo que elixir entre as numerosas candidaturas presentadas que mostraron o mellor talento galego do sector. Os gañadores coñeceranse na Gala de entrega de premios que terá lugar o vindeiro venres 18 de novembro no recinto feiral de Expourense.

Os finalistas seleccionados polos membros do xurado de cada unha das categorías dos VII Premios Paraugas son os seguintes:

Categoría Impresión e Edición

Finalistas ao Mellor Libro

  • No bico do vento. Bolanda Ediciones
  • Francesc Torres. Crebas. Gráficas Anduriña
  • Goya. Tórculo Comunicación Gráfica

Finalistas ao Mellor Catálogo Comercial

  • Ezpeleta 2022 Collection. Gráficas Anduriña
  • Tecsoled Professional Lighting Tools. Meraki Creatividad
  • Catálogo Naviera Nabia. Naviera Pirata Nabia – Gráficas DC

Finalistas ao Mellor Traballo feito en impresión dixital

  • Coralia. Álex Regueiro
  • Catálogo da marca The Painter’s Wife. Gráficas Anduriña
  • Tokyo Nights. Tórculo Comunicación Gráfica

Categoría Deseño (Premios GAIN)

Finalistas ao Mellor Deseño Gráfico

  • Identidade visual Pepe Vieira. Desoños e Marcos Dopico
  • Identidade corporativa do Concello de Pontevedra. Cenlitrosmetrocadrado
  • Proxecto editorial e rebranding da revista Tempos Novos. Daniel Pino – Atlántica da Información e Comunicación de Galicia

Finalistas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto

  • OCO. Cenlitrosmetrocadrado – Rodiñas
  • Nuevo Rodman 690 Ventura CC. Rodman Polyships
  • Buque oceanográfico “Odón de Buen”. Javier Ferrín Rey – Astilleros Armón

Finalistas ao Mellor Deseño Dixital

  • Web Médula Flor. Tío Phil
  • Sementae. Desoños – María Reimóndez
  • Web La Viuda de la Parada y Alvela. Tío Phil

Categoría Creatividade

Finalistas á Mellor Idea

  • Plan Reparto Logroño. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
  • Tahona Entroido. Kindergarten
  • Corre por un mundo imperfecto. Kindergarten – ENKI

Finalistas á Mellor Campaña

  • Tanxumono ou como vender discos sen discos. As Peaky Branders – Play Plan e Tanxugueiras
  • Prohibido bajar los brazos. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
  • La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)

Finalistas á Mellor Produción (Craft)

  • Disco Diluvio de Tanxugueiras. As Peaky Branders – Play Plan e Tanxugueiras
  • Prohibido bajar los brazos. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
  • Editorial Médula. Tío Phil

Categoría Márketing Dixital (Premios .gal)

Finalistas á Mellor Campaña de Márketing Dixital 360

  • Un museo inesperado. Imaxe – Hijos de Rivera (MEGA)
  • RUNKI, carrera de los superhéroes. Nasas – ENKI
  • Lo nuestro es lo tuyo. Estratividad – CEAC

Finalistas á Mellor Campaña de Performance Márketing ou Márketing de Resultados para un Produto ou Servizo

  • Estrategia de venta online para Holaluz. Bysidecar
  • Rialta Things. Quattro idcp
  • DAS: Campaña de Performance Marketing. Wired and Linked

Finalistas á Mellor Campaña de Social Media

  • Un museo social, muy social. Imaxe – Hijos de Rivera (MEGA)
  • Beca RUNKI al Maratón de NYC. Nasas – ENKI
  • Prohibido baixar os brazos na Velada 2 con Carola. Hijos de Rivera

Categoría Márketing (Premios Avante)

Finalistas á Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’

  • Mondariz, el tiempo nos hace mejores / Mondariz, o tempo fainos mellores. 100×100 Creatividad + Comunicación
  • XMAS GIFT, un food film by Frinsa. Reclam
  • O restaurante máis pequeno do mundo. Recados Carmen – Mahou 

Finalistas á Mellor Estratexia/Acción de Produto ou Servizo

  • RUNKI, carrera de superhéroes. Nasas – ENKI 
  • Galería Maraca. Chachachá Studio 
  • Campaña Judías La Viuda de Parada y Alvela. Tío Phil

Finalistas á Mellor Estratexia de Márketing

  • Traballar coas mans. Tony Le Brand – Clickfer 
  • Tahona Nadal. Kindergarten
  • La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)

Categoría Comunicación (Premios Roi Scroll)

Finalistas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa

  • El nuevo cuento de los tres cerditos. Táctica y Estrategia de Comunicación – Fearmaga
  • Volta á Orixe. Siete Olas Comunicación – Orixe
  • Fertilizando os ODS para o mundo dende Galicia. Atalaya Comunicación y Publicidad – Agroamb

Finalistas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna

  • Jealsa segura. Tío Phil
  • Plan de Obesidade de Galicia. Nuria Carballo Studio – Xunta de Galicia

Finalistas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial

  • Érase unha vez Outro Conto. As Peaky Branders
  • Imperfectxs. Gastronomía para una Inmensa Minoría. Esmerarte – Hijos de Rivera (Cervezas 1906)
  • Versos na rúa. Nasas – Gadis

Categoría Eventos (Premios TAC!)

Premio Paraugas ao Mellor Congreso

Deserto

Finalistas ao Mellor Evento

  • Galicia Fórum Gastronómico. Trevisani
  • Premios Mestre Mateo. Quattro idcp – Academia Galega do Audiovisual
  • Evento virtual Twitch con Siro y Rubén. Seteseis Comunicación Creatividade – Hijos de Rivera (MEGA)

Premios Paraugas Honoríficos

Ademais das diferentes categorías que dan forma aos Premios Paraugas, nesta sétima edición entregaranse dous premios honoríficos, ao xornalista Xabier Fortes e ao publicista José María Lapeña. Para Alberto Garnil, presidente do Cluster, “a decisión de homenaxear a Fortes e Lapeña está avalada polas súas propias traxectorias profesionais”.

Xabier Fortes -sinala- é un dos xornalistas galegos con máis proxección fóra de Galicia e dos que mellor representan os valores da profesión”. “Dende o Cluster consideramos que Fortes era merecedor dun recoñecemento así na súa terra, na que comezou a desempeñar o seu oficio en radio e televisión e dende a que chegou a ser un referente do xornalismo a nivel nacional”, remata Garnil. 

No caso de José María Lapeña, Alberto Garnil asegura que “é un dos creativos históricos de referencia no ámbito da publicidade española que situou ao noso sector no panorama internacional”. “Foi merecedor de premios de enorme relevancia, como o Grand Prix do Festival de Cannes, e artífice dalgúns dos spots que quedarán para sempre marcados na nosa memoria. Lapeña é un antes e un despois no sector publicitario español”, conclúe.

Artículo anterior

Heidelberg cumple sus predicciones y mejora en ventas y resultados

Siguiente artículo

Canon consigue cuatro galardones en los premios Pinnacle