Dircom estrea perfil en Instagram co gallo do seu 30 aniversario

Dircom

Dircom compartirá por Instagram as actividades que promova


FELIPE VIEIRA


A Asociación de Responsables de Comunicación, Dircom, estrea un perfil na rede social Instagram coincidindo co seu 30º aniversario. A través da nova conta corporativa aberta na rede social especializada en fotografía e vídeo, Dircom quere chegar coas súas mensaxes a un público máis amplo e en constante evolución.

Deste xeito, a través dos diferentes formatos desta rede social: publicacións, historias, reels ou vídeos en directo, Dircom compartirá cos seus seguidores de Instagram información sobre as actividades da asociación, formación relacionada coa #AulaDircom, entrevistas cos seus socios e con destacadas personalidades, eventos e iniciativas relevantes para o sector, así coma contidos de interese para todos os profesionais da comunicación.

Nove publicacións

Con motivo do seu 30 aniversario, Dircom lanza o seu perfil de Instagram a través dun collage formado por nove publicacións no que se conforma o logotipo especial deseñado para conmemorar os seus 30 anos de vida. En cada unha delas cóntase parte da historia de Dircom, dende a súa constitución en 1992, pasando pola creación das distintas xefaturas territoriais, ou a promoción dos Premios Dircom Ramón del Corral.

Durante 2022, a Asociación porá en marcha unha serie de eventos e iniciativas especiais para conmemorar este aniversario, e convida a todos os socios e profesionais a sumarse a estes eventos para seguir valorando o papel que a comunicación xoga nas organizacións e na sociedade.

Encontro con Inés Rey

Ademáis da posta en marcha dunha nova conta de Instagram, entre as iniciativas que está a desenvolver Dircom Galicia para os seus socios resaltan os encontros con dirixentes institucionais. Así, este martes 22 de febreiro, a Asociación promove un encontro coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Dircom Galicia organizou un encontro coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey

Dircom Galicia celebra este encontro presencial dentro do seu ciclo Diálogos Comunicación e Sociedade, baixo o que pretende que se debata sobre o papel da comunicación para construír canles de entendemento entre as institucións e organizacións e os cidadáns e cidadás.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña dende 2019, é licenciada en Dereito pola UDC e desenvolveu a súa actividade profesional no exercicio da avogacía, no que comezou como pasante no ano 2006. Traballou en diferentes ámbitos do Dereito, especialmente no de Familia e no Penal, pero tamén atendeu outras disciplinas e foi avogada na quenda de oficio durante dez anos.

Artículo anterior
Márketing e Vendas

Tendencias e experiencias reais, no V Foro de Márketing e Vendas

Siguiente artículo
Juventus

El diseño tras las camisetas de fútbol: Juventus