Descubre Kibus, a plataforma que leva a praza de abastos á túa mesa

Kibus

O Cluster da Comunicación de Galicia organiza a sesión sobre Kibus o próximo 18 de maio


MARÍA EIMIL


Poñer en valor o coidado do medio ambiente e a defensa dunha alimentación sá é o obxectivo de Kibus, unha empresa que conecta a centos de praceiros de 16 mercados de abastos de todo o país cos seus potenciais clientes. De kibusos a praceiros, conectando on e off é o título do novo Afterwork at Home que organiza o Cluster da Comunicación de Galicia. Durante a sesión, todos os interesados poderán escoitar ao xerente de Kibus, Eduardo Sanjurjo.

A charla será o próximo mércores, 18 de maio, entre as 19:30 e as 20:30 horas e o encargado de presentala será o marketing manager en Frinsa, Carlos Silva, que actualmente forma parte de MKT, a Asociación de Marketing en España, e de Markea, a Asociación Galega de Marketing.

De kibusos a praceiros, conectando on e off é o título da sesión que organiza o Cluster da Comunicación de Galicia

Os produtos frescos, do mercado á casa

Producto fresco e de calidade, compra sostible e apoio ao mercado local son as características principais de Kibus, a compañía que leva estes produtos dende o mercado ata a cociña. Todos os interesados en recibir produtos frescos na súa casa poden entrar na páxina web desta compañía, que se encargará de seleccionalos e entregalos na franxa horaria seleccionada. Froitas e verduras, carne, pescado, queixos, embutidos e mesmo flores son algúns dos produtos que están dispoñibles.

Artículo anterior
Diseña la portada de la Comunicación Gráfica

Canon, presente un año más en el concurso Diseña la portada de la Comunicación Gráfica

Siguiente artículo
consumidor

El consumidor mueve ficha: las marcas deben reinventarse