Creatividade e deseño gráfico, claves na estratexia das marcas en San Valentín

A conmemoración de San Valentín terá lugar o 14 de febreiro en todo o mundo


FELIPE VIEIRA


San Valentín, considerado o día máis romántico do ano, chega en poucos días e con el unha auténtica morea de deseños de amor e corazóns vermellos. O 14 de febreiro, Día dos Namorados, celébrase practicamente en todo o mundo e adquire un gran protagonismo comercial.

Dende o noso Clúster queremos animarte a facer os teus regalos mercando xa sexa nos diferentes negocios de barrio ou nos centros comerciais, moitos dos cales adoptan nestas datas o seu ton máis romántico e conciben campañas específicas para parellas con estratexias creativas que lles reportan excelentes resultados económicos.

San Valentín está considerado o día máis romántico do ano

As orixes da celebración

Pero, como naceu esta celebración? Aínda que hai variedade de versións, a historia máis común ten que ver con que na Roma do século III d. C., o emperador Claudio II opúxose aos matrimonios entre os máis novos, decretando a súa prohibición. Pretendía, con esta decisión, que os homes en idade de loitar non tivesen máis compromiso que o de seren soldados do Imperio.

A tradición di que un sacerdote, de nome Valentín, que non estaba conforme co decreto do emperador seguiu casando aos mozos e mozas namorados, ata que foi arrestado. Uns cantos séculos despois, aparecen xa referencias literarias a San Valentín. Incluso Ofelia se nomea a si mesma o “Valentín” de Hamlet no acto IV, escena 5, desta famosa obra de William Shakespeare.

Na actualidade, o Día dos Namorados celébrase en todo o mundo e conmemórase de distintos xeitos en cada país pero con elementos comúns como as flores, os cupidos, as frechas, os corazóns ou as tarxetas e outros materiais gráficos en forma de corazón.

Flores, corazóns e cupidos son os elementos máis comúns nesta data

As vitrinas das tendas nas nosas cidades énchense de homenaxes á tradición e abunda a iconografía asociada con este día. Trátase dunha data concibida para ilusionar e que ofrece múltiples posibilidades ás marcas se se traballa dende a sorpresa ou incluso dende a transgresión.

Campañas creativas

Actualmente, Internet facilitou enormemente o desenvolvemento das campañas con motivo do 14-F, data na que os anuncios invaden as redes sociais e moitos tipos de webs. No terreo do deseño gráfico, cobran relevancia nestas datas os carteis promocionais, anuncios para marcas e tarxetas. A clave para obter diferenciación pasa por tentar ser creativos e orixinais e marcar tendencia.

Moi probablemente calquera estratexia que tente conectar cos namorados no Día de San Valentín debe ter presente os elementos en forma de corazón, ao igual que a cor vermella que simboliza o amor e a paixón ou os cupidos. Porén, nas nosas mans está dar a estes elementos un emprego diferente e innovador que cause sorpresa e adhesión por parte do noso público obxectivo.

Artículo anterior

Canon, reconocida como Top Employer 2022 en España

Siguiente artículo
Loterías y Apuestas del Estado San Valentín

Amor y humor en el anuncio de Loterías y Apuestas del Estado con motivo de San Valentín