Convenio entre o Museo do Pobo Galego e PuntoGal para protexer o patrimonio oral

O dominio colaborará activamente cos obxectivos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade


PABLO LÓPEZ


O Museo do Pobo Galego e PuntoGal asinaron hoxe (18 de novembro) un convenio polo que o dominio colaborará activamente cos obxectivos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Este programa ten por obxectivo principal a dixitalización, catalogación e difusión do patrimonio inmaterial galego que o Instituto de Estudos das Identidades do museo puxo en marcha en abril de 2007. Entre outras accións, o dominio realizará unha achega económica e colaborará na difusión do proxecto.

O APOI é un arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais e os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural. O repositorio conta con fondos de natureza moi diversa, como relatos, adiviñas, música, poesía ou baile, así como información relacionada coa musicolóxica, a lingüística ou a etnográfica. Igualmente, consta o traballo de campo no que se obtivo cada ficheiro, os datos do informante, o entorno xeográfico e temporal, o uso ou ocasión e os datos do compilador. Toda esta información vérquese nunha única base de datos, accesible para toda a cidadanía.

O arquivo inclúe o inventario dos soportes físicos, a transcrición, o estudo teórico das pezas, a súa catalogación e difusión. Accesible en liña en http://apoi.museodopobo.gal, os seus contidos son axeitados para o estudo, a investigación da nosa cultura tradicional, a docencia e mesmo o lecer. Trátase dunha base de datos que recupera e garda a memoria do pasado para convertela nunha ferramenta para o futuro.

Sinatura en Bonaval

O acto de sinatura do convenio tivo lugar en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, coa presenza do presidente de PuntoGal, Manuel González, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi.

Justo Beramendi expresou o seu agradecemento a PuntoGal por este apoio ao Museo do Pobo Galego e concretamente ao esforzo que ven realizando o APOI por preservar e difundir unha parte fundamental da nosa identidade diferenciada. “Feitos como este, no que colaboran dúas entidades cos mesmos obxectivos básicos, son motivo de ledicia, un incentivo máis para continuar no longo camiño de desenvolvemento e revitalización da persoalidade galega”, declarou o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

“Moitas veces identificamos cultura con escritura e pensamos que unha persoa culta é aquela que mellor dominio ten da escritura e dos contidos transmitidos a través dos textos escritos. Esta non deixa de ser unha visión totalmente reducionista do que significa cultura, porque o patrimonio cultural da humanidade foi construído e difundido ao longo da historia de maneira oral. De aí a importancia que ten preservar e dar a coñecer os contos, os etnotextos, as cantigas, as adiviñas, a poesía popular e todas as expresións orais que refliten os modos de vida da nosa sociedade”, apuntou Manuel González.

Artículo anterior
Canon Emea

La innovación en el mundo editorial, epicentro del Canon Future Book Forum

Siguiente artículo

Heidelberg da un paso más en posimpresión