Cidade Imaxinaria trae ao Gaiás xogos de realidade virtual inmersiva

Cidade Imaxinaria reunirá a 11 compañías de Galicia, Portugal, País Vasco e Cataluña


REDACCIÓN


O festival Cidade Imaxinaria volve á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro 7 de setembro para pechar o verán por todo o alto. Trátase dunha das citas imprescindibles do ocio que mergulla a pequenos e maiores na ilusión, grazas a unha xornada que concentra maxia, música, xogos e circo. Será dende as 16:00 ata as 20:00 horas con entrada libre e de balde.

O evento, que forma parte da programación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, congrega a 11 compañías que proveñen de Galicia, Portugal, País Vasco e Cataluña cun total de 13 propostas que inclúen espectáculos fixos, itinerantes e zonas de xogo e instalacións artísticas.

Circo, clown, xogos tradicionais, malabares ou maxia centran este evento co que culmina a programación familiar de verán da Cidade da Cultura

Cidade Imaxinaria pon á cativada no centro e este ano fainos reflexionar sobre o presente e o futuro con espectáculos de clownse teatro de rúa centrados no compromiso co medio ambiente e a importancia de vivir o presente.

Ademais, haberá instalacións e zonas de xogo a través das que os cativos poderán redescubrir xoguetes tradicionais e adentrarse no mundo da realidade virtual inmersiva, con opcións para todos os gustos. Durante a xornada, o Gaiás albergará varios espazos sensoriais para bebés, que completan a programación do día. E tamén haberá unha zona gastronómica.

Cita clásica do Gaiás

Cidade Imaxinaria é unha das citas clásicas da programación infantil do Gaiás. Desde 2011, e tralo parón da pandemia, este evento congregou a milleiros de familias na Cidade da Cultura ao longo das súas 11 edicións previas.

Con acceso libre e de balde, as actividades e espectáculos terán lugar o 7 de setembro dende as 16:00 ata as 20:00 horas

Así, o vindeiro 7 de setembro o Gaiás acollerá funcións de novo circo, clown, malabares e espectaculares coreografías con acrobacias aéreas; xunto a pasarrúas que percorrerán a Cidade da Cultura ao ritmo do dixieland, un estilo de jazz popularizado nos anos 20; zonas de xogos e instalacións máxicas. Cidade Imaxinaria é o colofón idóneo dun verán en familia no Gaiás.

Artículo anterior

Jorge Álvaro López: “Para dar el salto al ecommerce los valores deben transmitirse claramente”

Siguiente artículo

Jorge de los Bueis Mellado: “El éxito reside en la capacidad de innovar”