Desenvólvese baixo o claim de “Alma Peregrina”, que concentra toda a esencia do novo produto de Hijos de Rivera
Estrella Galicia lanza unha nova receita en homenaxe ao Xacobeo e aos seus Camiños. Porque son moitos os camiños que chegan a Santiago. Máis longos, máis curtos, máis lonxevos ou máis recentes, todos son únicos e comparten a mesma razón de ser: unha experiencia cultural e social inigualable que nos conecta co verdadeiramente importante.
Un ano santo tan excepcional coma este precisaba dunha cervexa excepcional. E baixo o firme compromiso da marca coa súa terra e co Camiño, Estrella Galicia soñou con crear unha cervexa especial, edición limitada, homenaxe ao Camiño de Santiago, que concentrase toda a Alma Peregrina.
Cilantro do Camiño Portugúes, laranxas do de Levante, malta castelá do Camiño Francés e, como non, trigo galego en representación do Camiño Inglés, son os grandes protagonistas desta elaboración única, a máis refrescante de toda a gama de cervexas de Hijos de Rivera, que confiou a súa campaña de lanzamento a Bululú Creativos.
Pezas
As pezas de comunicación xiran arredor dun concepto creativo que funciona, á súa vez, como claim de produto e campaña: Alma Peregrina. E a súa mensaxe, toda unha declaración de intencións que pon en valor o por que dun produto así nun momento coma este.
Rodado no trazado das distintas etapas, o spot estará presente en todas as canles online da marca, e as pezas gráficas poderán visualizarse a nivel nacional en soportes de publicidade exterior e, moi especialmente, na hostalería. A landing do produto é https://estrellagalicia.es/estrella-del-camino.
Datos técnicos
Bululú Creativos ideou a campaña de lanzamento de Estrella del Camino para Hijos de Rivera con I Do Visual como produtora sendo responsables de realización Fran X. Rodríguez e Juan Galiñanes. A dirección de fotografía correu a cargo de Ledicia Bellón, e Jose Barreiro actuou como gaffer. Tamén participaron os profesionais e empresas: Andrés Nadal (xefe de produción), Yeray Ruíz (axudante de produción), Moharé (estilismo), Arantzazu Domínguez (xefa de vestiario), Inés Rodríguez (directora de arte), Erea Pérez (maquillaxe e peiteados), Isabel Escrigas (casting), Enrique Moro (color), Fernando Simón (locución), Hugh McGinley (posprodución de son) e Filamento S. L. (material técnico).