Beerfing reuniu ó talento e á creatividade arredor dunha cervexa

O foro supuxo a volta á presencialidade no sector


MARÍA EIMIL


Un centenar de publicistas e creativos galegos reuníronse este xoves, 31 de marzo, no marco de Beerfing, o evento do talento galego que organizan o Clúster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega e que conta co patrocinio de Estrella Galicia. Celebrado en formato pitch & beers e baixo o lema ‘Volve a creatividade, volve a cervexa, volve o mellor Beerfing a Santiago’, os profesionais puideron verse de novo as caras, xa que o foro supuxo a volta á presencialidade no sector.

As iniciativas de empresas arredor do metaverso, os coches voadores ou a loucura dos NFTs foron algunhas das tendencias que se abordaron neste evento que arrincou no Centro Obra Social Abanca da man de C4E Consultora en Innovación, márketing e comunicación. No foro tamén se debateu arredor da carne de laboratorio ou á profesión de verificador de noticias, unha nova especialización en tempos de desconfianza.

A segunda parte do Beerfing tivo lugar na sala Riquela, onde os asistentes tiveron a oportunidade reunirse para compartir a súa visión e know-how. Presentado pola directora de proxectos de Nasas, Fátima Carmena, este espazo contou con distintos relatorios. Dous deles serviron para dar voz ao talento máis novo, como o creador de contido audiovisual especializado David Hortas ou un grupo de alumnos de Freshysweet, a única axencia de publicidade junior de Galicia. Eles mesmos explicaron que o mundo profesional lles tardaba en chegar, polo que decidiron ir por el e traballar nesta axencia sen ánimo de lucro, pero con clientes e proxectos reais.

O cofundador de Kindergarten falou da exitosa campaña de Nadal da Tahona

Campañas que brillan con luz propia

Ademais do novo talento galego, Beerfing contou con profesionais como o director creativo de Chachachá Studio, Raúl Bermúdez, que presentou o caso de éxito da campaña de Greenpeace ‘Na macrogranxa de Pepito… iah iah no!’, coa que quixeron denunciar os perigos da gandería intensiva a grande escala. Tamén estivo presente o cofundador de Kindergarten, Carlos Álvarez, que falou da exitosa campaña de Nadal da cadea de panaderías Tahona na que ensalzaba os produtos da competencia, como o roscón de Reis da confeitaría Glaccé, as milfollas da pastelería Berna ou a crostata de Habaziro. A encargada de pechar o evento foi Judith Francisco, socia do estudo de arquitectura e deseño especializado en espazos infantís PlayOffice.

Artículo anterior
Dr. Campos Castelló

Canon colaborará en el proyecto para personas con discapacidad intelectual de la Asociación Dr. Campos-Castelló

Siguiente artículo
Grupo Zona

Grupo Zona, una imprenta global para los clientes más exigentes