Beerfing reunirá en marzo o talento creativo e a publicidade arredor dunha cervexa

Beerfing

Santiago de Compostela acollerá unha nova edición do Beerfing o vindeiro 31 de marzo


MARÍA EIMIL


Comunicación, publicidade e tecnoloxía son algúns dos eixos fundamentais de Beerfing, un evento en formato pitch & beers que reunirá en Galicia o talento destes sectores arredor do coñecemento e da experiencia compartida. A cita terá lugar o 31 de marzo en Santiago de Compostela e abordará as principais innovacións destes sectores.

O evento está organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega e conta co patrocinio de Estrella Galicia. Isto significa que a nova edición tamén incluirá un relatorio dun ou dunha profesional de primeiro nivel no apartado chamado ‘Ponencia estrela’. Este experto será o encargado de compartir o seu saber en materia de márketing, comunicación, deseño, artes gráficas ou dixitais.

Os organizadores aínda están barallando os nomes dos profesionais que se encargarán de impartir as charlas que se desenvolverán durante a nova edición de Beerfing. Sen embargo, o que teñen claro é que unha das xornadas, chamada Futuro e Tendencias, abordará as principais innovacións no ámbito da comunicación. Ademais, “haberá un espazo adicado a tratar diferentes casos de éxito galegos”.

Os organizadores aínda están barallando os nomes dos profesionais que se encargarán de impartir as charlas

Os obradoiros, presentes en Flúor 2022

Outra cita con sabor galego que quenta motores é o congreso Flúor que, un ano máis, elixe Pontevedra para a súa nova edición. O comité directivo deste evento está integrado por entidades públicas e privadas vencelladas ao ámbito dixital de Galicia e xa tivo a primeira toma de contacto para tratar de abordar os temas e o formato da nova edición de Flúor. Sen embargo, haberá que agardar ata o mes de marzo para coñecer algúns dos nomes propios que integran o cartel do evento.

Un ano máis, as redes sociais xogarán un papel fundamental neste evento, no que tamén terán lugar distintos obradoiros, unha das actividades mellor valoradas polos asistentes á última edición de Flúor.

Artículo anterior
refit

GraphyCems: neutralidad climática

Siguiente artículo
foro marketing

A evolución do comercio online, a debate no V Foro de Márketing e Vendas