
O próximo 16 de outubro terá lugar unha xornada de inspiración, talento galego e networking no MEGA
REDACCIÓN
O vindeiro 16 de outubro, A Coruña converterase no epicentro da creatividade e da comunicación coa celebración da nova edición de Beerfing, un evento único que combina a innovación publicitaria, o deseño e, por suposto, a cervexa.
A cita terá lugar no MEGA – Mundo Estrella Galicia, a partir das 16:30 horas, e reunirá a profesionais da publicidade, o marketing e o deseño de toda Galicia e de toda España.
Un programa cargado de inspiración e talento
A xornada do Beerfing arrincará coa presentación do Anuario da Creatividade Española 2025, a cargo de Curro Palma, director xeral do Club de Creativos (C de C), quen ofrecerá un análisis sobre as tendencias e os logros máis destacados no ámbito da creatividade publicitaria.
A continuación, terá lugar unha entrevista con Pepa Rojo, presidenta do C de C, moderada por Santi Romero, director creativo de Verve Creative Group, na que se profundará nos retos e as oportunidades que afronta o sector creativo.
A Coruña converterase no epicentro da creatividade e da comunicación coa celebración da nova edición de Beerfing
Un dos momentos máis esperados será a charla “The Future is Human”, impartida por Patricia Urgoiti, Strategy Director en DAVID Madrid. Urgoiti abordará como a creatividade centrada nas persoas será clave para o futuro da comunicación e da publicidade.
O talento galego tamén terá o seu espazo destacado no programa. Sara Piñeiro, creativa da axencia As Peaky Branders, presentará o caso de éxito titulado “A campaña que se lee en costas. Ou como conseguir que fale de ti a túa competencia”, un análise de como a axencia conseguiu posicionarse de maneira estratéxica no competitivo mundo da publicidade.
Cultura cervexeira e networking
Ao rematar as ponencias, os asistentes poderán gozar dunha visita ao innovador espazo do MEGA, que ofrecerá unha visión única do mundo da cervexa Estrella Galicia. Para os máis entusiastas da cervexa, terá lugar un taller de tiraxe perfecta de caña, no que se ensinarán as técnicas máis precisas para servir unha cervexa de calidade.
Os asistentes poderán gozar dunha visita ao innovador espazo do MEGA, que ofrecerá unha visión única do mundo da cervexa Estrella Galicia
O evento finalizará cun momento de picoteo e networking, no que os participantes poderán intercambiar ideas e experiencias nun ambiente distendido, ideal para establecer novas conexións profesionais.
As inscricións seguen abertas para ocupar as últimas prazas nesta xornada de creatividade, aprendizaxe e cervexa na páxina web oficial.
Beerfing 8 conta co patrocinio de Estrella Galicia e a cofinanciación do IGAPE, ademais de coa colaboración de Cactus Digital, Reclam, DAVID Madrid e As Peaky Branders.