Atelier Gráfica Visual deseña a imaxe corporativa do Túnel do Viño de Valdeorras

O evento celebrouse no Barco de Valdeorras os días 10 e 11 de xullo

A praza de Viloira, emprazada no municipio do Barco de Valdeorras (Ourense), acolleu na fin de semana dos días 10 e 11 de xullo o Túnel do Viño de Valdeorras. Esta iniciativa promocional dos brancos e tintos da comarca erixiuse en alternativa á tradicional Feira do Viño, que o Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras decidiu non celebrar porque consideraba que aínda non se daban as circunstancias sociosanitarias para facelo. Así, o aforo estivo limitado e organizouse en diferentes quendas para poder realizar o percorrido completo do túnel en 45 minutos.

Un total de 22 adegas da comarca participaron no Túnel do Viño que ofreceu 70 referencias diferentes ás ducias de visitantes que visitaron a carpa na que se desenvolvía o evento, organizado en colaboración con Atelier Gráfica Visual, axencia coruñesa encargada da súa imaxe gráfica.

Túnel do Viño

22 adegas participaron no Túnel do Viño de Valdeorras

Así, Atelier deseñou a imaxe do evento: cunha versión para o viño branco e outra para o tinto. Tamén se ocupou da realización de elementos de gran formato tales como lonas ou traseiras; do deseño dos anuncios en prensa, e incluso do deseño dos tickets, das banderolas, das invitacións dixitais e dos mupis promocionais.

O Túnel do Viño desenvolveuse en catro sesións diferentes: na mañá e na tarde do sábado, dunha banda, e na mañá e na tarde do domingo por outra. Ademais, coa entrada dábase aos asistentes unha copa de cristal serigrafiada.

Os asistentes puideron degustar preto de 70 referencias distintas

XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras 

O programa de actos de promoción do sector vitivinícola tamén acolleu a XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, un evento no que foron premiadas oito referencias diferentes da comarca e no que Atelier tamén colaborou deseñando as pezas claves do evento como a minuta dos menús ou o atril. A entrega de galardóns tivo lugar o 9 de xullo no Hotel Monumento Pazo do Castro.

Premios viños blancos

1º Premio- A Coroa Godello de Adega A Coroa S.A.T.

2º Premio- Viñaredo Godello de Bodega Santa Marta S.A.T.

3º Premio- Godeval Godello Cepas Vellas de Bodega Godeval S.A.T.

Premios viños tintos

1º Premio- Lagar do Cigur Mencía de Adega Melillas e Fillos S.L.

2º Premio- Maruxa Mencía de Virgen del Galir S.L.U.

3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.

As mencións especiais viños doutras añadas foron para Pedrazais Godello ’19 de Adega Alán S.A.T., en brancos, e Joaquín Rebolledo Barrica ’19, en tintos.

Artículo anterior
Galicia Design

O Galicia Design Weekend acolleu máis dunha vintena de actividades con profesionais do deseño

Siguiente artículo
agencias de medios

Las agencias de medios, una especie en constante evolución