Así celebra Galicia o Día Internacional da Muller

8 M Campaña Xunta

‘A igualdade está nas nosas mans’ é o lema da campaña do Día Internacional da Muller


MARÍA EIMIL


Reflexionar sobre a evolución das condicións de vida e traballo das mulleres de todo o mundo e fomentar accións que contribúan a mellorar e afianzar estes avances é o obxectivo do Día Internacional da Muller que celebramos hoxe, 8 de marzo. E nesta data é necesario pór en valor ás mulleres referentes, pioneiras en distintas disciplinas e sectores que, coas súas experiencias, a súa sabedoría e o seu talento poidan iluminar o camiño das máis novas.

“Tódolos días debemos respectar e valorar o xénero feminino como merece. Por iso animamos a toda a comunidade galega a seguir esforzándose, cada un dos 365 días do ano, para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva, para que a sociedade sexa, en definitiva, máis xusta con todos”, indican desde a Xunta de Galicia.

“Tódolos días debemos respectar e valorar o xénero feminino como merece”, indican desde a Xunta

Un certame no que participou o alumnado

Baixo o lema ‘A igualdade está nas nosas mans’ o Goberno galego lanzou unha campaña para conmemorar o Día Internacional da Muller que se ilustra con algúns dos debuxos gañadores dun concurso que puxo en marcha entre o alumnado dos centros da comunidade. O certame contou coa participaron dos nenos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de toda Galicia.

Con esta iniciativa a Xunta cumpre coa finalidade de promover a igualdade nos centros de ensino, a través de accións que poñen en valor a contribución das mulleres nos distintos ámbitos. O concurso forma parte das actuacións que a comunidade desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

‘In Spain we call it igualdad’, a campaña a nivel nacional

Co lema ‘In Spain we call it igualdad’ o Ministerio de Igualdade lanzou a súa campaña con motivo do Día Internacional da Muller. O lema está inspirado nunha das cancións de Rigoberta Bandini e o obxectivo é apelar ó feminismo.

“O feminismo xa está en marcha e para que medre ten que ser para todas e todos”, sinalou a secretaria do Estado durante a súa comparecencia. “Queremos que este 8 M sirva para identificar aquilo que xa é feminista e que sirva para avanzar”.

A campaña conta cun spot realizado pola axencia Ogilvy e dirixido por Irene Moray, cunha adaptación da canción de Rigoberta Bandini, “In Spain we call it soledad”, interpretada por Carlotta Cosials, unha das integrantes do grupo Hinds; e producida por Vicente Carrasco (Zip Zap).

Artículo anterior
colores Ucrania

La guerra en Ucrania tiñe el mundo de azul y amarillo

Siguiente artículo
8 m dia muller

Deporte, vino y moda se tiñen de morado para celebrar el Día Internacional de la Mujer