As Feiras do Libro pechan a edición de 2022 cun aumento de vendas e participantes

Imaxe: Adobe Stock

As Feiras do Libro involucraron a máis de 90 librarías, un 26% máis que o ano pasado, mentres que as vendas aumentaron máis dun 5%


REDACCIÓN


O circuíto das Feiras do Libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia experimentou este ano un incremento tanto nas vendas como no número de librarías participantes nos eventos. Así o destacou o 24 de agosto o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, durante a inauguración da Feira do Libro de Monforte de Lemos, a última do calendario de 2022.

No transcurso do acto celebrado na rúa do Cardeal, onde as casetas permaneceron ata o sábado 27, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades explicou que as citas deste ano involucraron a un total de 90 librarías, o que supón un incremento do 26% en relación ao pasado ano.

“Ademais de contar cunha maior participación, as primeiras estimacións apuntan a que o volume de vendas acadado no conxunto destas citas tamén creceu máis dun 5% con respecto ao exercicio pasado, o que demostra que estamos nun gran momento para a literatura e o compromiso dos galegos coa lectura e o sector do libro, salientou.

En total, o circuíto de Feiras do Libro estivo composto por 13 paradas que inclúen preto de 900 actividades como sinaturas de libros, actividades infantís e presentacións, entre outras, que tiveron lugar nas máis de 130 casetas instaladas nas rúas de diferentes puntos de Galicia.

Políticas públicas de apoio

O apoio a estas feiras enmárcase no compromiso do Goberno galego ao sector a través de distintas liñas específicas de axudas para impulsar a dinamización da lectura nas bibliotecas municipais, tradución de obras, adquisición de novidades editoriais e subvencións ás empresas editoriais que superan os dous millóns de euros.

Ademais, retomouse a promoción exterior das letras galegas a través da participación en festivais e feiras internacionais como a de Bos Aires ou iniciativas como as residencias literarias de intercambio profesional, entre outras.

A de Monforte de Lemos puxo o broche final a un circuíto que ao longo dos últimos meses pasou por Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, O Porriño, Vilalba, Ourense, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz.

Artículo anterior

Carlos Fernández: “Cuanto más loco sea el proyecto más a gusto nos sentimos”

Siguiente artículo
PuntoGal Coruña

PuntoGal e a Deputación da Coruña asinan un convenio para rastrexar o uso de galego en internet