Afterwork At Home estrea o 2023 cunha formación sobre captación de leads

Imaxe: Adobe Stock

O encontro dixital a través da plataforma Vidiv terá lugar este mércores 18 de xaneiro pola tarde, ás 19:30 horas, co director de Marketing Online de Atrato Media


REDACCIÓN


Despois dun merecido descanso, os Afterwork At Home do Clúster da Comunicación de Galicia preparan a primeira sesión do ano baixo o título de ‘Incrementar a captación dos leads cualificados para o teu negocio‘, xa que cada vez é máis importante conseguir unha comunicación práctica e efectiva, que sexa capaz de transformar os contactos en clientes potenciais.

Neste primeiro Afterwork At Home do 2023, que terá lugar o próximo mércores 18 de xaneiro ás 19:30 horas, o Clúster convidou como relator ao director de Márketing Online de Atrato Media, Alberto Hernández, que será o encargado de explicar como xerar leads de calidade paso a paso. Ademais, compartirá as mellores estratexias para facer un bo Inbound Marketing que convirta a vendas, e as ferramentas a empregar para iso.

A sesión terá lugar o próximo 18 de xaneiro ás 19:30 horas, a través da plataforma VIVID

Alberto Hernández conta cunha traxectoria prolífica no mundo da comunicación e do márketing, pasando por empresas como Aliseda Inmobiliaria, Weston Hill Asset Management, Deloitte España, Grupo Fomento e agora, Atrato Media.

Trátase dunha actividade totalmente gratuíta, e podes formalizar a túa inscrición aquí.

Aposta pola formación online de calidade

O Clúster da Comunicación de Galicia e Markea puxeron en marcha os Afterworks At Home durante a pandemia, como medio de aprendizaxe e networking dende a casa ou a oficina, cuns resultados moi notables en número de asistentes e satisfacción. Por este motivo, no 2023 o Clúster e Markea seguirán a organizar estas formacións con relatores proveñentes das empresas más innovadoras e representativas do sector, coa colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia, Creatividade Galega, Dircom Galicia e OPC Galicia.

Estes encontros dixitais celébranse a través da plataforma de eventos VIDIV, que permite que os asistentes interactúen cos expertos dun xeito doado. Tan só é necesario crear un perfil cunha imaxe persoal ou co logo da empresa.

Artículo anterior

O proxecto editorial e expositivo de DIFERENZA reúne o mellor do deseño para a innovación

Siguiente artículo
Marcas en redes sociales

Un estudio revela las claves para que las marcas triunfen en las redes sociales