Aberta a convocatoria do X Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da X edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea de Outono Fotográfico. Imaxe: Xunta de Galicia.

Para participar nesta nova edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, pódense presentar propostas dende o 7 de setembro ata o 23 de outubro


REDACCIÓN


Un ano máis, grazas ao impulso da asociación Outono Fotográfico, tivo lugar a presentación a décima convocatoria do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Durante o acto de presentación no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a importancia desta iniciativa que contribúe a situar Galicia no mapa da creación artística e poñer en valor a gran calidade do traballo que se fai na nosa Comunidade en clave contemporánea.

A exposición inaugurarase entre os meses de decembro de 2022 e xaneiro de 2023 en Lugo e itinerará durante dous anos polo resto de Galicia nas salas de Afundación

Nesta liña, o representate da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade resaltou a capacidade do galardón para “atraer artistas de todas partes do mundo convertendo a nosa terra nun espazo de intercambio artístico no que o talento galego convive con creadores de diferentes partes do mundo”.

Unha exposición intinerante

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo cun único premio que consiste na produción dunha exposición itinerante e unha publicación dun libro.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na presentación da X edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea de Outono Fotográfico. Imaxe: Xunta de Galicia

A exposición inaugurarase entre os meses de decembro de 2022 e xaneiro de 2023 en Lugo e itinerará durante dous anos polo resto de Galicia nas salas de Afundación. Ademais, publicarase un libro que formará parte da serie Premio Galicia de Fotografía Contemporánea da colección OF e que se distribuirá nas librarías.

Linguaxe visual e contemporaneidade

Os interesados en participar deberán presentar o seu proxecto desde o 7 de setembro ata o 23 de outubro. Deben ser traballos realizados entre outubro de 2012 e outubro deste ano que non foran subvencionados ou becados na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquera soporte, con enteira liberdade respecto ao tema e á técnica.

Entre os proxectos recibidos, o xurado seleccionará tres proxectos finalistas atendendo á linguaxe visual do autor, á calidade fotográfica e á contemporaneidade. Os nomes dos finalistas publicaranse o 2 de novembro de 2022 na páxina web de Outono Fotográfico e e nas redes sociais da Asociación.

Artículo anterior

100x100 firma la campaña con más historia de Aguas de Mondariz

Siguiente artículo

Descubre cómo mejorar la relación del canal de la mano de Canon