A Xunta entregará mañá os III Premios Galicia de Innovación e Deseño

A entrega dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño terá lugar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela a partir das 19:00 h


REDACCIÓN


Un ano máis, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innvoación convoca os III Premios Galicia de Innovación e Deseño co obxectivo de recoñecer o traballo de profesionais e empresas referentes ao servizo do desenvolvemento económico e social de Galicia.

A cerimonia de entrega destes galardóns terá lugar mañá, 20 de decembro, no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela. Alí, a partir das 19 horas, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras nas seis categorías deste certame (Profesionais, Talento emerxente e Empresas no apartado de Deseño; e Pequena e mediana empresa, Grande empresa e Traxectoria innovadora no campo da Innovación).

Estes premios teñen como obxectivo recoñecer o traballo de profesionais e empresas referentes

Estes premios son unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación; que dotan de 15.000 € para cada un dos premiados, mentres que os recoñecementos para a traxectoria innovadora na categoría de grande empresa e o premio para empresas no apartado de deseño terán carácter honorífico.

Finalistas dos III Premios Galicia Deseño e Innovación

Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado que seleccionou as persoas e empresas finalistas para as categorías das que consta o certame:

Deseño:

  • Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector: equipos creativos dos estudios Costa Comunicación Visual (membro do Clúster da Comunicación de Galicia), Isaac Piñeiro Meira e MMASA.
  • Talento emerxente: creadores e creadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos: Raquel Fernández Caamaño, Roberto Costas Fernández e Sara Regal Alonso.
  • Empresas: empresas consolidadas que incorporaron o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década: Hifas da Terra, Unvi Carroceros e Vertifil Industrial.

Innovación:

  • Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos: Alen Space, Centum Research&Technology e Little Electric Car España.
  • Grande empresa: grandes empresas con actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década: Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa), Puentes y Calzadas e Unvi Carroceros.

Asistencia

As persoas interesadas en acudir á cerimonia de entrega dos premios deben cubrir este formulario de inscrición aloxado na páxina web da Axencia Galega da Innovación.

Artículo anterior
Pentawards

Arranca la cuenta atrás para los Pentawards, los Óscar del diseño

Siguiente artículo
Navidad Ruavieja

La amistad verdadera, tema de la nueva campaña de Navidad de Ruavieja