A revista Coralia celebrará o vindeiro sábado a gala de entrega dos Premios Alfredo Iglesias

Premios Alfredo Iglesias

Os Premios Alfredo Iglesias levan o nome do fundador da revista Coralia e, na súa primeira edición, recoñecen o traballo de persoas e organizacións no eido da cultura


PABLO LÓPEZ


A revista Coralia naceu para darlle voz a persoas e proxectos de Santiago de Compostela e da súa contorna, exactamente o mesmo obxectivo que persegue agora na primeira edición dos Premios Alfredo Iglesias, cos que a publicación pretende tamén honrar a memoria do seu fundador. A gala de entrega destes galardóns celebrarase o vindeiro sábado (21 de maio), dende as 11.45 horas, no Museo do Pobo Galego da cidade compostelá.

“Os premios nacen para recoñecer o traballo de persoas, organizacións ou proxectos e non se van repetir, porque cada ano estarán adicados a un sector ou eido diferente. Nesta primeira edición corresponden á cultura e á gastronomía, xa que entendemos que a gastronomía forma parte da cultura galega e non é unha peza que se poida separar. O vindeiro ano poden estar dirixidos ao sector social e outro poden ir dirixidos á comunicación”, comenta Álex Regueiro, da revista Coralia.

Os gañadores dos premios presentaron as súas candidaturas nunha convocatoria aberta e foron elixidos por un xurado composto na súa totalidade por mulleres

Os gañadores dos premios presentaron as súas candidaturas nunha convocatoria aberta e foron elixidos por un xurado composto na súa totalidade por mulleres, algo do que os organizadores están especialmente orgullosos. “Son todas mulleres porque pensamos que as mulleres son máis xustas. Ademais, Coralia é unha revista moi feminista e xa cando naceu tiña paridade nos contidos”, apunta Regueiro.

As persoas que desexen asistir á gala de entrega dos Premios Alfredo Iglesias deben inscribirse a través do correo electrónico alexregueiro@coralia.gal ou cunha chamada ao número de teléfono 670 594 685. O evento contará con actuacións musicais de Pauw Gabbana, BF Danza e Falúa.

Homenaxe a un humanista

“Era unha persoa de perfil baixo, non era unha persoa exposta ao público. Escribía moi ben, debuxaba moi ben e, salvo que alguén presente un traballo que o desminta, foi o primeiro artista dixital de Galicia, pois as súas primeiras obras datan do 2001″. Así define Álex Regueiro a Alfredo Iglesias, fundador da revista Coralia que dá nome a estes premios.

A gala de entrega dos galardóns servirá tamén para presentar en sociedade o número 22 desta revista que, tras o pasamento do seu fundador en xaneiro do pasado ano, todavía leva a súa impronta, tanto na calidade da edición como nos contidos sempre vencellados a Santiago de Compostela que aborda.

Artículo anterior
Diego Otero, Viajes Abramar

Diego Otero: “Deberíamos tener un único aeropuerto y hacer la competencia a Oporto”

Siguiente artículo
Código Deontológico del Diseño

Código Deontológico del Diseño: estas son sus claves