A Deputación da Coruña deseñou este selo para dar a coñecer un destino gastronómico e turístico de primeiro nivel
MARÍA EIMIL
Sostible, innovadora e baseada en produtos quilómetro cero. Son algunhas das notas características da gastronomía da Coruña, un territorio que busca situarse no mapa internacional a través da ‘A provincia que sabe’, que percorreu diferentes feiras e eventos ó longo do 2023 e que arrancará o ano 2024 participando en dúas importantes citas: o maior evento internacional de turismo (Fitur) e Madrid Fusión Alimentos de España.
Impulsado pola Deputación, o selo ten como obxectivo dar a coñecer algúns dos principais atractivos desde destino gastronómico e turístico de primeiro nivel, ó tempo que enxalza a calidade das materias primas e o traballo que realizan tanto os produtores como os cociñeiros locais.
O Fórum Gastronómic de Barcelona e a Feira Internacional de Turismo (Intur) foron algúns dos escaparates nos que A Coruña presumiu dunha coidada e innovadora gastronomía. Ademais, a provincia tamén poderá saborearse entre o 24 e o 28 de xaneiro en Fitur e, xusto despois, en Madrid Fusión Alimentos de España, que se desenvolverá entre o 29 e o 31 de xaneiro, tamén no Ifema.
A Deputación, galardoada nos Premios Xantar Internacional 2023
Costa da Morte, Vimianzo, Mazaricos, Carballo e Ponteceso protagonizaron a programación da Deputación da Coruña en Xantar 2023, unha cita onde o ente provincial presentou unha nova guía turística que recolle os principais atractivos da provincia.
A Deputación da Coruña presentou unhanova guía turística en Xantar 2023
Ademais, neste mesmo escaparate a Deputación foi galardoada nos Premios Xantar Internacional 2023 “pola promoción dos recursos de quilómetro cero dos diferentes concellos cociñados por expertos chefs locais” e polo apoio que brinda “aos empresarios locais que traballan dende a sustentabilidade”.
Barcelona saborea a riqueza da provincia
Ría de Muros-Noia, Costa da Morte, Ferrolterra e As Mariñas desprazárose ata Barcelona no marco do Fórum Gastronómic, unha cita á que asistiron recoñecidos cociñeiros locais e que acolleu unha serie de degustacións de produtos típicos de cada zona. Tamén se celebraron charlas sobre diferentes viños coruñeses e os asistentes puideron catar diferentes vermús elaborados na provincia e participar na tradicional queimada.
“Queremos dar a coñecer non só a nosa riqueza gastronómica e paisaxística, senón tamén a nosa idiosincrasia, que nos fai tan únicos”, sinalou Xosé Regueira. “Todo isto forma parte do atractivo turístico da provincia”, apuntou.
O interior da provincia, ao descuberto en Intur
A riqueza gastronómica da provincia da Coruña tamén se saboreou na Feira Internacional de Turismo de Interior (Intur), que tivo lugar entre o 16 e o 19 de novembro en Valladolid. Neste marco e dan man de cociñeiros locais presentáronse os xeodestinos Ulla-Tambre-Mandeo, Costa da Morte, Terras de Santiago.