A mostra de Peter Lindbergh en A Coruña pecha as portas tras recibir máis de 100.000 visitantes

Peter Lindbergh-Untold-Stories.-Exhibition-in-A-Coruna-Spain.-Photo_-Mathieu-Ridelle-1

A mostra estivo dispoñible en A Coruña ata o 31 de marzo


MARÍA EIMIL


Máis de 100.000 persoas visitaron Untold Stories, a mostra do fotógrafo Peter Lindbergh, que estivo na cidade da Coruña durante catro meses. Segundo sinalan os organizadores, “a emblemática exposición deixa a cidade tras contribuír ao rico panorama cultural de Galicia”. O obxectivo foi celebrar o legado de Lindbergh e brindar unha visión da súa obra a través dunha selección de 152 fotografías que fan un percorrido dende a década de 1980 ata a súa morte en setembro do 2019.

A mostra estivo dispoñible no peirao de batería do porto da Coruña ata o 31 de marzo, concretamente na nave industrial que se reformou para a ocasión, gracias á intervención da arquitecta galega Elsa Urquijo. Segundo os organizadores “este novo centro de exposicións foi pensado co obxecto de honrar tanto a Peter Lindbergh como a súa icónica obra”.

Peter Lindbergh, Untold Stories. Exhibition in A Coruña, Spain. Photo_ Mathieu Ridelle
Exposición Peter Lindbergh | Foto: Mathieu Ridelle

Beleza sen artificios

A obra de Lindbergh marcou un antes e un despois no mundo da moda pola súa revolucionaria forma de captar ás modelos dos anos oitenta e noventa, xa que nun momento no que o retoque fotográfico estaba á orde do día, Peter Lindbergh apostou por plasmar a realidade que hai detrás das imaxes e mostrar ás persoas sen artificios xa que, para el, “a beleza é a valentía de ser un mesmo”.

Untold Stories na Coruña

“Cando Peter visitou A Coruña en 2018 sentiu de súpeto unha conexión entre o porto da cidade e a súa propia estética. O clima lúgubre de Galicia e a axitación do mar, xunto ca omnipresente paisaxe industrial de fondo, evocan á perfección a rexión xermana do Ruhr, onde creceu meu pai”, Benjamin Lindbergh.

Artículo anterior
portadas marvelizadas

Doctor 79, autor de portadas 'marvelizadas' de obras literarias: "No creo que dibujase si no pudiera mezclarlo con el humor"

Siguiente artículo
Ludwin Monz

Ludwin Monz, nuevo CEO de Heidelberg