A Materioteca de Galicia organiza un workshop sobre ecodeseño

Imaxe: Adobe Stock

O terceiro workshop do ciclo ‘Sustentabilidade e circularidade dos materiais’, organizado pola Materioteca de Galicia, terá lugar este xoves 6 de outubro en forma presencial e online


REDACCIÓN


O ecodeseño e a sustentabilidade serán os protagonistas do novo workshop organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación e a súa Materioteca de Galicia. Baixo o nome de ‘Materiais e ecodeseño‘, este workshop terá lugar este xoves 6 de outubro, de 10:00 h a 14:00 h. O encontro terá formato presencial no CIS de Tecnoloxía e Deseño de Ferrol e a súa parte expositiva poderá seguirse online.

O evento está orientado a profesionais do deseño, da enxeñería e da construción con interese pola aplicación de novos materiais en procesos innovadores. Este materiais sostibles presentan novas texturas que, a través
do ecodeseño, permiten innovadoras propostas estéticas, á vez que, polas súas características e procesos, conseguen minimizar o impacto ambiental dos produtos.

Programa da xornada

O workshop comezará coa presentación de María José Mariño, da Axencia Galega da Innovación, que dará a benvida ós asistentes e inaugurará este workshop, o terceiro do ciclo ‘Sustentabilidade e circularidade dos materiais’.

A primeira parte da xornada terá como protagonistas a Noemí Cortizas, experta en deseño CMF (acrónimo en inglés de cor, materiais e acabados); que presentará diversos casos de aplicación deste tipo de materiais nos que, sen prexudicar a experiencia do usuario, se prioriza o respecto ás normativas europeas e os seus criterios de sostibilidade, á vez que se melloran o produto e o envase dunha marca.

A continuación, dúas empresas galegas expoñerán as súas experiencias co ecodeseño para a creación de novos produtos a partir de madeiras máis sostibles e de procedencia local: Mobalco (mobiliario de cociña) e Timbersoul by Cándido Hermida (aplicacións arquitectónicas de novos soportes estruturais de madeira). Despois destas intervencións, será o momento da pausa café, programada para as 11:40 h.

O encontro terá formato presencial no CIS de Tecnoloxía e Deseño de Ferrol e a súa parte expositiva poderá seguirse online


Durante a segunda parte do workshop, que terá carácter exclusivamente presencial, os expertos da empresa Materially dinamizarán un taller práctico e interactivo no que se analizará unha selección de materiais sostibles e as súas oportunidades de aplicación mediante o ecodeseño. Estes materiais forman parte dun estudo estratéxico que será presentado durante o taller e publicado na web da Materioteca de Galicia.

A xornada pechará cun aperitivo-networking ás 14:00 h. Para realizar a inscripción (xa sexa presencial ou online), debe cubrirse un formulario na páxina da Materioteca, de maneira totalmente gratuíta.

Artículo anterior

Executivas inaugura un octubre repleto de networking

Siguiente artículo

Canon celebra su Reunión General del Canal Partner 2022 en España