A innovación no viño, próximo Afterwork at Home do Clúster da Comunicación

viño
Foto: Adobe Stock

Cris Costa, responsable de Márketing de Marqués de Vizhoja, falará este mércores sobre as novas tendencias no sector do viño


REDACCIÓN


Se ti es das persoas que cre que o mundo do viño é moi tradicional, equivócaste. As novas tendencias en márketing chegaron con forza a este eido: a forma de vender os produtos e unha nova xeración de consumidores están a romper tópicos e a cambiar os modelos de comunicación.

A innovación non está rifada coa tradición nun sector como o vitivinícola. Este é o tema do próximo Afterwork at Home do Cluster da Comunicación de Galicia que, nesta ocasión, convídanos a coñecer que está a pasar no sector adegueiro da man de Cris Costa, responsable do departamento de Márketing de Marqués de Vizhoja.

Cris Costa, responsable do departamento de Márketing de Marqués de Vizhoja, falará da fusión entre tradición e innovación no sector adegueiro

Con ampla experiencia en planificación de medios, onde comezou a súa carreira profesional, Cris Costa, toda unha experta en Big Data, falará de como a industria do viño estase a adaptar aos cambios provocados polas preferencias do consumidor, ademais de explicar as novas canles de comunicación e distribución.

O encontro online celébrase nesta ocasión a través da plataforma de eventos VIDIV, a cal permitirá unha maior interacción dos asistentes porque foi deseñada para potenciar a experiencia do participante.

Apúntaste?

O Afterwork at Home celébrase hoxe (16 de marzo), ás 19.30 horas. Só tes que inscribirte!

ACCEDE AQUÍ

Artículo anterior
Importa-e-moito

'Importa e moito': máis aló do 8M

Siguiente artículo
Cris Costa

Cris Costa: "El público final quiere que seamos más humanos y que haya más confianza que nunca"