A campaña do Día de Galicia deste ano ten como axencia responsable da creatividade a Bululú e a Avante Evolumedia na xestión de medios, baixo o nome “A Festa de todas as Festas”
REDACCIÓN
Galegos e galegas de todas a partes do mundo celebraron este 25 de xullo o Día de Galicia, unha festividade moi especial na que afloran os sentimentos de orgullo, homenaxe e pertenza. A Xunta de Galicia apostou pola axencia coruñesa Bululú para levar a cabo unha campaña de promoción arredor deste día sinalado, coa participación de Avante Evolumedia na xestión de medios.
No spot audiovisual e nos materiais gráficos vemos referencias a diversas festas emblemáticas de toda Galicia
O concepto creativo plantexado por Bululú para o 25 de xullo deste ano ten como obxectivo “celebrar todo o que temos que celebrar“. Por iso, fan referencia ao Día de Galicia co claim de “A Festa de todas as Festas“, o que supón un recorrido emocional e visual por todas as festas (gastronómicas, históricas, patronais e musicais) da comunidade.
No spot audiovisual e nos materiais gráficos vemos referencias a festas tan emblemáticas como o San Xoán da Coruña, a Festa do Pulpo de Mugardos, o Samaín, o Arde Lucus de Lugo, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira ou a Reconquista da Vila de Vigo. Todas conforman a cultura e a sociedade que ten o seu día sinalado o 25 de xullo.
Unha campaña con presión crecente
No referente á xestión de medios, a campaña deste Día de Galicia desenvolveuse entre o 9 e o propio 25 de xullo, concentrando a maior forza e comunicación nos últimos días. Os medios de campaña foron prensa papel e online, radio, televisión e exterior. Planificáronse diferentes soportes e formatos para chegar ao maior número de individuos residentes en Galicia, co apoio de canles menores para cubrir ámbitos máis locales e chegar a audiencias máis específicas.