A Cidade da Cultura de Santiago servirá como marco da presentación do programa Kit Dixital

programa Kit Dixital
Foto: Adobe Stock

A sede do Consorcio Zona Franca de Vigo acollerá outra presentación do programa Kit Dixital o mércores 16 de febreiro


PABLO LÓPEZ


A Cidade da Cultura acollerá mañá (martes 15 de febreiro), ás 9.20 horas, a presentación do Kit Dixital, unha iniciativa do Goberno de España que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais básicas dispoñibles no mercado para acadar un avance significativo no nivel de dixitalización das pemes en España. 

O evento, organizado pola Xunta e por Red.es, terá lugar no auditorio 1 do Edificio Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e os interesados en asistir de forma presencial poden inscribirse a través da seguinte ligazón: Inscrición presencial. Tamén existe a posibilidade de participar de forma online, para o que se accederá dende estoutra ligazón: Inscrición online.

A xeira de presentacións do Kit Dixital continuará co acto que se celebrará o mércores 16 de febreiro en Vigo e que, como a de Santiago, tamén poderá seguirse por streaming. O evento desenvolverase de 10.00 a 12.00 horas, na sede do Consorcio de la Zona Franca de Vigo. 

O evento de mañá terá lugar no auditorio 1 do Edificio Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura e permitirá a presentación presencial e online

Presentación do Kit Dixital celebrada con anterioridade

A presentación diríxese a provedores de solucións dixitais, é dicir, empresas que poidan estar interesadas en ofertar solucións dixitais a outras firmas. Tamén se dirixe a pemes ou autónomos de calquera sector, con menos de 50 traballadores, que teñan interese en iniciar, continuar ou reforzar o seu proceso de transformación dixital.

Axudas a pequenas e medianas empresas

O Programa Kit Dixital ten un orzamento de 3.000 millóns de euros e como obxectivo chegar a dar apoio a un millón de pemes de menos de 50 empregados a través de diversas fases nos vindeiros anos, utilizando un mecanismo de bonos de dixitalización.

Estes bonos poderán utilizarse en servizos relacionados con aspectos como desenvolvemento de sitios web, comercio electrónico, xestión de redes sociais, xestión cliente/provedor, intelixencia empresarial e analítica, servizos e ferramentas de oficinas virtuais, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras e ciberseguridade online, entre outros.

Artículo anterior
Loterías y Apuestas del Estado San Valentín

Amor y humor en el anuncio de Loterías y Apuestas del Estado con motivo de San Valentín

Siguiente artículo
cantera Deportivo

Cantera y equipo femenino, protagonistas del tercer vaso de la colección que Sanbrandan dedica al Deportivo