34 pemes reciben axudas para mellorar a súa capacidade innovadora

A Axencia Galega de Innovación (Gain) acaba de resolver a convocatoria de InnovaPeme 2024


REDACCIÓN


A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, acaba de resolver a convocatoria de InnovaPeme 2024 que pretende mellorar a capacidade innovadora de pemes e microempresas a través do financiamento de plans de innovación en procesos e organización.

A resolución, que se publicará próximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), concede preto de 2,2 M € de axudas conseguindo unha mobilización de case 4,4 M € para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas.

InnovaPeme 2024: balance

Con esta liña de axudas, a Axencia Galega de Innovación apoia 34 Plans de Innovación para que as empresas poidan mellorar ou adaptar os seus procesos e a súa organización para ser máis eficientes, integrar tecnoloxías ou introducir novos produtos e servizos no mercado. A axuda media desta liña é de 64.500 euros.

Así, por tamaño da empresa, o 44,1% son micropemes, o 35,3% son pequenas empresas e o 20,6% son mediana empresa. En canto á súa distribución xeográfica por provincias, a maioría das pemes beneficiaras desenvolven os seus plans na Coruña (44,1%) e en Pontevedra (29,4%), mentras que o resto implantaranse na provincia de Ourense (14,7%) e Lugo (11,8%). Ademais, 19 plans desenvolveranse en concellos emprendedores.

A resolución concede preto de 2,2 M € de axudas, conseguindo unha mobilización de case 4,4 M € para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas

Segundo indican dende a Axencia Galega de Innovación, estas axudas financian plans que contemplan 25 novas contratacións, das que 19 son mulleres, e implican a máis de 120 persoas cun investimento de máis de 1,3 M € en persoal propio e máis de 250.000 € en novas contratacións.

Asemade, destacan as subcontratacións con empresas tecnolóxicas e/ou organismos de investigación por importe de preto de 1 M €. Entre os beneficiarios, figuran empresas do sector forestal e da madeira, de maquinaria para a industria da pesca, da alimentación, do sector servizos ou das TIC, entre outros.

Balance 2017-2024

Dende a súa posta en marcha no 2017, esta liña de axudas permitiu impulsar 262 actuacións cun investimento de casi 20 M € mobilizándose máis de 39 M € en total.

Nestas iniciativas empresariais participaron máis de 1.200 persoas, das que 220 foron novas contratacións, e máis da metade foron mulleres ou persoas con diversidade funcional. Ademais, estes programas impulsaron a colaboración entre os axentes de coñecemento de Galicia a través de máis de 350 subcontratacións con empresas tecnolóxicas e organismos de investigación galegos.

Así, das 262 subvencións concedidas, 115 foron para micropemes89 para pequenas empresas e 58 para medianas empresas. Por provincias, A Coruña e Pontevedra son as máis dinámicas, cun 83% das axudas concedidas neste periodo, mentres que Lugo acadou o 11% e Ourense o 6%.

Estas axudas enmárcanse nas prioridades do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA da Xunta de Galicia.

Artículo anterior

Actividade en DIFERENZA á volta do verán

Siguiente artículo

La Asamblea General Anual de Heidelberg aprueba las resoluciones propuestas