15ª Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda

concurso francisco mantecón

Os interesados en participar no concurso de Terras Gauda poden presentar candidaturas ata este luns 28 de febreiro


FELIPE VIEIRA


O prazo de inscrición para o concurso da 15ª Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón remata este luns 28 de febreiro. Este concurso permite aos seus finalistas ser os deseñadores da imaxe que promocionará as vindeiras edicións das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia.

Promovido por Turismo de Galicia en cooperación con Bodegas Terras Gauda e coas asociacións das rutas do viño de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, a iniciativa busca promocionar e contribuír a posicionar o desenvolvemento turístico das cinco zonas vitivinícolas máis relevantes de Galicia.

Deseñadores de máis de 190 países

A Autoridade Portuaria de Vigo e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia tamén respaldan esta bienal, considerada como unha das grandes citas bianuais da vangarda artística internacional. Convidados de máis de 190 países participan neste concurso de deseño, que contará cun xurado conformado por Javier Mariscal, Enrique Costas, Jesús Vázquez Almuiña, Marcelo Ghio, Pilar Barreiro, Nava Castro, Margus Tammik, Eva Unt e Paulino Novo.

O concurso permite aos seus finalistas ser os deseñadores da imaxe das vindeiras edicións das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

Bodega Terras Gauda repartirá 16.000 euros en metálico neste concurso no que todos os deseños seleccionados, aínda que non gañen, obterán un recoñecemento público en tanto en canto a totalidade das obras presentadas será exposta na Estación Marítima de Vigo.

Calquera persoa física ou xurídica de máis de 18 anos pode tomar parte no concurso e cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que deberán ser inéditas. Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática e o tema será libre, aínda que preferentemente reflectirá aspectos corporativas da entidade convocante, fundamentalmente os relativos a viños.

Protocolo de participación

Bodegas Terras Gauda porá a disposición de todos os deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a súa aplicación nas obras que realicen, así como imaxes dos seus produtos.

A iniciativa está promovida por Turismo de Galicia en colaboración con Bodegas Terras Gauda

Cada obra participante asignaráselle automaticamente un número que deberá ser incluído na parte posterior do cartel impreso para a súa identificación. Despois, os orixinais deben ser presentados ou enviados antes das 18.00 horas do vindeiro 28 de febreiro a Bodegas Terras Gauda no Rosal.

O envío debe incluír información sobre o nome e apelidos do autor, fotocopia do D.N.I, dirección, teléfono e enderezo electrónico e un escrito de aceptación das bases do certame, dispoñible en www.franciscomantecon.com.

Artículo anterior
disfraces Carnavales

Los disfraces de Carnavales más buscados: de Cruella al Cazador Emérito

Siguiente artículo
pantallas

Arte y magia en las pantallas del Entroido de Xinzo de Limia